Ponteareas reafirma o seu compromiso coa Asociación Galega de Celíacos

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade, Verónica Carrera, asinaron hoxe o convenio de colaboración coa Asociación Galega de Celíacos (ACEGA) reiterando, un ano máis, o seu compromiso con estas familias.

Con este convenio, o concello comprométese a incluir alimentos sen gluten nas actividades deportivas, culturais ou sociais organizadas polo concello ou que conten coa súa colaboración.

Asi mesmo, o concello disporá de alimentos aptos para celíacos en distintos servizos municipais para que, con formación ao persoal, teñan os coñecementos necesarios sobre a enfirmadade celíaca e saiban atender axeitadamente aos usuarios con intolerancia permanente ao gluten.

Ademais, a concellería que dirixe Verónica Carrera tamén realizará campañas de sensibilización entre a poboación e programará accións de información para a hostalaría local.