Ponteareas, protagonista do festival Convergencias Galicia-Portugal con catro propostas culturais

A vila do Tea acollerá dende o 24 ao 26 de febreiro espectáculos de artistas de ambos lados do río Miño

 

O Concello de Ponteareas volverá a ser un dos eixos ca cultura galega e portuguesa nunha nova edición do festival Convergencias Galicia-Portugal. Dende o 24 ata o 26 de febreiro acollerá catro propostas culturais de artistas de ambos lados do río Miño para que a veciñanza poida desfrutar das súas creacións e homenaxear a figura de Rosalía de Castro e de Jóse Afonso estreitando os lazos que unen Portugal e Galicia. 

 

A alcaldesa, Cristina Fernández Davila, afirmou durante a prensentación do festival en Braga  que o ‘Convergencias’ “continúa cunha relación de conexións culturais e históricas entra Galicia e Portugal”, e destaca “a importancia para Pontearaes de continuar formando parte do festival transfronteirizo, tanto a nivel cultural como económico”, e anima a veciñanza “a asistir a estes catro espectáculos de gran valor artístico e cultural”. 

 

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, explica que o festival chegará a Ponteareas o día 24 de febreiro ás 20.00 horas ao Auditorio Reveriano Soutullo co espectáculo musical do grupo “Voces de Arrieiro”, o grupo de Ponteareas que se creou dentro do taller vocal A Vila coa idea de render unha pequena homenaxe á figura dos arrieiros como importantes divulgadores de cancións populares, noticias e outros chismes. Arrieiros tamén inclúe no seu repertorio cancións das rexións ou países que acolleron aos galegos na época da emigración.

 

O 25 ás 20.00 horas o Auditorio acollerá a presentación do proxecto “Ponte nas ondas” seguido do concerto de “Sergio Mirra Trío”, un  multi- instrumentista de  cordas, que traballa coa música tradicional portuguesa desde moi pequeno, sendo o  cavaquinho unha das súas grandes paixóns.

 

O sábado 26 de febreiro ás 20.00 horas no Auditorio Reveriano Soutullo o grupo “Tin.Bra – Academia de Teatro” pechará o festival coa presentación da súa obra “Odisseia da Emigração — Ir”, un espectáculo inspirado nas experiencias e vivencias da emigración portuguesa a partir dos anos 60 do século pasado usando o teatro e a música.