Ponteareas homenaxea Xela Arias coa iniciativa  #XelaNaTúaVoz

Neste ano 2021, a Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas  escritora, poeta e mestra Xela Arias, considerada unha das autoras que renovaron a poesía galega.

Entre as actividades para homenaxear a poetisa, a Concellaría de Cultura e Lingua de Ponteareas pon en marcha a iniciativa #XelaNaTúaVoz. Neste proxecto poden participar todas as persoas de xeito individual ou colectivo, cunha gravación de lectura de versos, poemas ou frases dedicadas a Xela Arias.

O prazo para presentar os vídeos abranguerá dende o día 4 ata o día 13 de maio. Débese enviar o vídeo ao enderezo electrónico auditoriomunicipal@ponteareas.gal, acompañado do nome, apelidos, idade, enderezo e teléfono de contacto.

A publicación destes vídeos farase a partir do día 16 de maio na entrada da actividade #xelanatúavoz na páxina de Facebook Cultura e Turismo Ponteareas, así como no Instagram @visitponteareas. As bases completas encóntranse na sección de Cultura da páxina web do Concell, www.ponteareas.gal.

“Invito a veciñanza a participar nesta iniciativa, que continúa a liña iniciada o ano pasado con #CarvalhoNaTúaVoz, servindo para recitar os poemas e composicións da autora e difundir a súa obra” sinala o concelleiro de Cultura e Lingua, Fernando Groba.