Ponteareas estrea un parque infantil e unha zona de exercicio para maiores

IMG_1451As obras de recuperación do parque da rúa Manuel Rodríguez, enPonteareas, atopanse concluídas. Esta actuación consistiu na rehabilitación integral do espazo, mediante a substitución dos pavimentos, renovación do céspede e a instalación dun sistema de rego automático.

Os traballos levados a cabo pola Concellaría de Medio neste parque de 1.730 metros cadrados centráronse na creación de áreas diferenciadas, en consonancia coa idade dos usuarios. Desta forma, dispúxose unha área para os nenos de ata cinco anos, con area; outra destinada aos usuarios de máis idade, que inclúe aparatosbiosaludables; e, por último, unha terceira zona para nenos de entre 4 e 14 anos de idade, na que se colocou unha tirolina, un bambán cesta e un bambán rabuña.

Así mesmo, instalouse novo mobiliario, bancos, papeleiras e un valo perimetral de madeira que divide os espazos de circulación da zona dos máis pequenos.

Ademais, nas inmediacións deste espazo, habilitouse unha área recreativa cunha superficie de 335 metros cadrados.

Para iso, acondicionáronse e recuperaron os bambáns e bancos retirados do outro parque, e colocouse céspede e pavimento.