Ponteareas enterra a Sardiña nos festexos do Mércores de Cinza

O programa de Mércores de Cinza mantívose sen alteracións co velorio da Sardiña diante do Concello a partir das 20.00 horas, para a continuación comezar a procesión do enterro da Sardiña que puxo o ramo na Praza Maior, amenizada no seu transcurso pola charanga SDK.