O vindeiro domingo sairán as comparsas no desfile de Entroido aprazado pola choiva

O desfile de comparsas de Entroido que terá lugar o día 5 de marzo cun alto número de participantes desfilando polas rúas da vila de Ponteareas a partir das 17.00 horas

O Entroido 2017 en Ponteareas porá o feche até o próximo ano na tarde deste domingo, sendo un dos máis participados dos últimos anos si temos en conta o número de comparsas inscritas, un total de doce, e si atendemos ao número de participantes en cada unha das comparsas e carrozas. As previsións meteorolóxicas permitirán saír ao desfile.

O desfile percorrerá as seguintes rúas: Concha Brey, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente, Praza Maior, Esperanza, Morales Hidalgo, Doutor Fernández de la Vega, Reveriano Soutullo, Constitución, Praza de Bugallal, Oriente e remate na Praza Maior onde se procederá á lectura das Coplas do Entroido

Como recoñecemento, recibirán mencións especiais; a mellor carroza, as mellores copla, a comparsa con mellor animación e vestiario. O xurado,  responsable de escoller as devanditas mencións, xa foi nomeado pola ducia de comparsas participantes.