Participa nas actividades do acto de presentación da asociación Móvete Polo TDAH

A concelleira de Educación e tenenta de alcalde Cristina F. Davila convida a toda a cidadanía a asistir ao acto de presentación da asociación “Móvete polo TDAH” que terá lugar mañá sábado ás 17 horaas na Praza Maior de Ponteareas. 

Dentro dos actos previstos estarán ás 18 horas a asociación de Protección á Infancia Contra o Abuso e ás 18:20 terá lugar a presentación de Percuterapia con Pedro Campos, músico terapeuta que colabora con distintas institucións en Galicia. 

Ás 19 horas haberá unha actuación musical de Pedro Campos e ás 20 horas os rapaces e rapazas asistentes confeccionarán máscaras co anagrama da asociación.