O tenista Manuel Vázquez, vencedor do VI TORNEO DE TENIS “CONCELLO DE PONTEAREAS”

tenisO VI Torneo de Tenis Concello de Ponteareas celebrouse este mes de setembro nas pistas da Freixa e do Reiro, e contou coa participación de 88 tenistas.

Os vencedores foron os seguintes:

En categoría senior masculina, Manuel Vázquez foi o campión gañando na final a Adrián Carrera.

En categoría feminina,  a campiona foi Alejandra De Saracho ante Tere Lillo.

En cadete masculino, Jacobo Vilas venceu a Nicolás Duran.

O título en dobles masculino foi para a parexa formada por Marcos Feijóo e Oscar Fernández, que derrotaron a Oscar López e Octavio Fernández.

Tamén se entregaron trofeos aos primeiros e segundos clasificados dos cadros de consolación.

O pasado domingo 21 celebraronse  os partidos das finais e ao remate dos mesmos realizouse a entrega de trofeos por parte do concelleiro de deportes, Alberto Novoa, acompañado polos directivos do club de Tenis de Ponteareas.