O pasado día 24 de setembro celebrouse o obradoiro “Liderado para o éxito”

foto liderado para o éxitoO día 24 de setembro celebrouse na Sala Multiusos da Biblioteca Municipal de Ponteareas o obradoiro “Liderado para o éxito”, actividade organizada pola OMIX ( Oficina Municipal de Información Xuvenil ) do Concello de Ponteareas e a Dirección Xeral de Xuventude.

A esta interesante xornada asitiron un bo número de mozos e mozas de Ponteareas, os cales traballaron distintos aspectos como a motivación, estratexias de aprendizaxe, proactividade, establecemento de prioridades, técnicas de escoita e comunicación, así como o traballo en equipo. Tratouse neste obradoiro sobre todo aqueles aspectos que levan ao crecemento persoal e analizaronse tamén as situacións que levan ao conflito, as metas e os medios para lograr o éxito.