O proxecto Medio Mocea organiza unha visita ás instalacións de Sogama o vindeiro 29 de xullo

A visita aberta a todos os públicos ofrece coñecer o funcionamento da planta de Cerceda, na provincia da Coruña, e sobre os procesos de redución, reutilización e reciclaxe

Dentro das actividades programadas polo Voluntariado Municipal, a Concellería de Mocidade, coordinada por Verónica Carrera, vén de abrir o prazo de inscrición para a excursión á planta de procesamento de refugallos de Sogama en Cerceda, A Coruña do próximo venres 29 de xullo. A saída será ás 8.15 horas desde a Estación de Autobuses de Ponteareas.

VISITA A SOGAMA 2

Na visita, os participantes aprenderán o significado das tres erres: redución, reutilización e reciclaxe, así como a minimizar as cantidades de desfeitos destinadas aos vertedoiros e a distinguir as bolsas amarelas para envases de plástico, bricks e latas e as bolsas negras  para refugos orgánicos e non reciclables.

Para a inscrición, as interesadas e interesados poderán dirixirse ao Centro Social da rúa Oriente, en horario de 9.30 a 13.30 horas , ou ben chamar por teléfono ao 687764516, ou enviar un correo electrónico a voluntariado@ponteareas.gal