O Merca Nadal abre as súas portas este domingo en horario ininterrompido para que todas as familias poidan facer as súas compras

BANASTRA e a concellería de Promoción Económica convidan a achegarse á carpa da praza Maior donde poderán atopar propostas de agasallos, produtos de calidade e actividades de lecer para toda a familiar

Sortearánse agasallos entre o público

O Centro Comercial Aberto BANASTRA abrirá as súas portas este domingo en horario ininterrompido para que todas as familias poidan facer as súas compras de nadal sen presas. BANASTRA informa que o Merca Nadal abrirá as súas portas na carpa da praza Maior de 11 a 20 horas este domingo día 15 de decembro.

Os establecementos de Ponteareas ofrecerán aos visitantes ducias de propostas de agasallos para o nadal e unha ampla oferta de produtos de calidade que fan do comercio de Ponteareas, un comercio próximo e de confianza.

A concellería de Promoción Económica convida a toda cidadanía da área metropolitana a desfrutar do domingo en Ponteareas donde poderá facer as súas compras, desfrutar da boa gastronomía que ofrece a hostalería local e pasar o seu tempo de lecer porque na carpa da praza Maior haberá tamén actuacións en vivo, animación infantil e sorteo de agasallos.