A concellería de Deportes que dirixe Nahir Covelo convida a toda a veciñanza a desfrutar do xadrez coa escola municipal de Xadrez de Ponteareas que organiza para esta fin de semana o V Torneo Internacional Sub-2200.
Organizada en colaboración co Club Deportivo do Barral e co concello de Ponteareas este sábado 14 e domingo 15 tamén se xogará o II Gran Premio ACLUDI e haberá actividades lúdicas para todos os que se acheguen ao IES do Barral a gozar do xadrez.
O club adianta que os días 21 e 22 de decembro terá lugar o V Circuíto de Xadrez Condado que contempla dúas probas: o 21 o V Torneo Vila de Ponteareas en categorías desde Sub-6 ata Absoluta e o 22 de decembro o V Torneo de Reis en categorías dende Sub-6 ata Absoluta.
A organización facilita o número de teléfono 627 249 951 para obter máis información e tamén para inscribirse.