O domingo celébrase a Marcha Solidaria en Bicicleta a Mondariz Balneario

A5 MARCHA POPULAR RGBA Marcha Solidaria en Bicicleta a Mondariz Balneario terá lugar este vindeiro domingo, 21 de setembro, con saída ás 10:00 horas dende a Praza Maior de Ponteareas.

A marcha, organizada polo Club Ciclista Ponteareas coa colaboración do Concello de Ponteareas sairá ás 10:00 horas da Praza Maior ata Mondariz Balneario onde, na praia fluvial, estará instalado o posto de avituallamento que permitirá aos participantes repoñer forzas con rosquillas e auga de “Confitería Ancla” e “Augas de Mondariz” respectivamente, para emprender novamente a ruta ata Ponteareas. O percorrido está catalogado como de dificultade baixa, polo que é ideal para os maiores de 8 anos. Todos os participantes estarán obrigados a levar casco e rógase que entreguen na saída a súa doazón solidaria de alimentos.
Ao remate da marcha, celebrarase o habitual sorteo de regalos na meta situada na Praza Maior.
O alcalde de Ponteareas, Salvador González Solla, quere agradecer “o xesto solidario da organización e dos colaboradores, cara aos que máis o necesitan” e engadiu que nestes difíciles tempos “a solidariedade, da que sempre fixo gala Ponteareas e os ponteareáns, volve a amosarse nesta actividade deportiva”.