Este sábado, día 20 de setembro, e o domingo, día 21, poderase gozar novamente dunhas xornadas de sendeirismo a través das cales descubriranse paisaxes fermosas e elementos do patrimonio cultural e etnográfico de Ponteareas, dentro da programación que desde a Concellería de Cultura, que dirixe Andrés Sampedro, vén de organizar a Biblioteca Pública Municipal.
A nova cita será unha “Andaina pola Senda Norte do Río Tea”, este sábado día 20 de setembro, comezando o percorrido ás 10:00 horas, partindo do inicio da senda, a Ponte dos Remedios, para facer a ruta ata Padróns.
O domingo, novamente poderase participar na “Andaina pola Senda Milenaria”. O percorrido comezará ás 10:00 horas, sendo o punto de encontro o inicio da senda, O Castro de Troña, para facer a ruta circular antiga, pasando polo Castelo de Vilasobroso e o Monte da Picaraña para volver ao Castro.
Para poder participar nestas novas saídas, é imprescindible a inscrición previa na Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas, en horario das 7:30 ás 21:00 horas, ou no teléfono 672 105 468, onde recibirán a información precisa. Así mesmo, para que se leven a cabo cómpre contar cun mínimo de cinco persoas.
Concello de Ponteareas
Xardins da Xiralda SN -Ponteareas C.P:36860
Pontevedra / telf: 986 64 00 00 - 986 64 00 00 50
Aviso Legal | Proteccion de datos | Uso de cookies