O Concello de Ponteareas entrega os premios “Concello de Ponteareas 2013” no Auditorio Reveriano Soutullo

IMG_2740auditorio-salónO Concello de Ponteareas, en base ás propostas realizadas polos diferentes colectivos e asociacións,  acordou, por unanimidade dos representantes dos mencionados colectivos, conceder os premios  “Concello  de Ponteareas  2013”  ás seguintes empresas, institucións ou colectivos:

  • No eido Empresarial, á empresa Covelo, (matriz das actuais), como  recoñecemento á súa contribución ao desenvolvemento económico de Ponteareas, sendo referencia no transporte, escavación e venda de materiais vinculados co sector da construción na comarca do Condado.
  • No eido Social, ao Colexio Santiago Apóstol,  como  recoñecemento ao labor social que  vén desenvolvendo nesta localidade desde o ano 1945, sendo o primeiro centro que ofertou  o antigo Bacharelato nesta vila.
  • No eido Deportivo,  a  Enrique Freitas Andrade,  como  recoñecemento   á  traxectoria deportiva deste atleta que,  portando o escudo da S. D. Juvenil, foi quen de situar a Ponteareas en postos de honra dentro desta práctica deportiva. 
  • No eido Comercial, ás  Peixeiras de Xinzo, como  recoñecemento  público ao labor comercial desempeñado por varias xeracións destas incansables traballadoras que promoveron un importante desenvolvemento económico e comercial na nosa vila.
  • No eido Cultural, á Coral do Centro Artístico Sportivo, como recoñecemento á súa extraordinaria contribución ao patrimonio musical e cultural da nosa comarca ao longo de preto de 50 anos, sendo canteira de grandes voces.

O acto solemne de  entrega dos  premios “Concello  de Ponteareas 2013”  terá  lugar  no  Auditorio  Reveriano  Soutullo, hoxe  sábado, día 3 de maio  ás  21,30 horas.

O alcalde de Ponteareas, en nome da Corporación Municipal, quere facer partícipe destes premios a todos os familiares e amigos dos agasallados e tamén a todos os veciños  e  veciñas  da localidade.