O escritor Xoan Xosé Lago Pereira explicou como escribir unha novela

Foto conferenciaEste venres pasado, quedaron ao descuberto os segredos para escribir unha novela. O novelista, Lago Pereira somerxeuse no mundo da creación literaria, e fixo partícipe ao público das súas técnicas creativas. Así falou que para ser escritor é necesario primeiramente ser persoa, boa o mala, xa que calquera persoa ten unha boa historia detrás. Por outra banda Xoan Xosé apuntou que outro elemento importante para escribir é o traballo metódico que segundo él representa o 99 por centro da obra creativa, quedando para á inspiración o 1 por cento restante. A acollida por parte dos asistentes foi moi boa e demostrouse na quenda de preguntas onde o numeroso público asistente interaccionou co escritor afincado en Ponteareas, con interesantes intervencións e excelentes respostas por parte de Lago Pereira.
A Biblioteca Municipal de Ponteareas, celebrou con esta conferencia presidida polo concelleiro de de Cultura Andrés Sampedro Fernández, o Día Intencional do Libro.