O Concello de Ponteareas e SOGAPS aprazan o concerto solidario

O concerto solidario a prol das nenas e nenos do programa Vacacións en Paz, organizado por Solidariedade Galega co Pobo Saharuí (SOGAPS) que se ía celebrar o 3 de setembro en Ponteareas aprazase ata o día 24 de setembro por motivos alleos á organización. Tanto o Concello como SOGAPS lamentan as molestias e esperan poder acoller a solidariedade de todas e todos na próxima data proposta.