Ponteareas presenta o programa das festas de setembro, cargada de actividades para todos os públicos

As festividades patronais dos Remedios, do 8 ao 11 de setembro, de San Miguel, o 29 e 30, e a X edición da Feira Tradicional dos Remedios ou  XLIX concurso de gaitas entre outros, centran as actividades do mes de setembro.

Ademais, como ven sendo tradición contaremos  cos tradicionais pasarrúas de xigantes e cabezudos, lanzamento de globos, festival folclórico e as actuacións  das bandas de música Unión de Guláns, Xuvenil de Xinzo, Reveriano Soutullo , e as orquestras, Alkázar, Abanico, América, Satélites e  Miramar e os grupos tradicionais Pelepau, Cantares do Brión Quempallou e Cé home orquestra que amenizarán as rúas e prazas de Ponteareas.

O mes de setembro en Ponteareas é un mes especial porque concentra nas súa datas dúas das festividades locais máis importantes do ano: a festa das Virxe dos Remedios, o 8 de setembro, e San Miguel, o 29 de setembro.

A primeira das festividades,  a dos Remedios, comezará  o día 8 co seu tradicional pasarrúas de xigantes e cabezudos ás 12.00 horas polo casco urbano, acompañados de música tradicional. Ás 20.00 horas, inaugurarase a exposición fotográfica e pictórica Unha Porta do Rial no auditorio municipal. Deseguida, ás 21.00, a banda de música Unión de Guláns ofrecerá un concerto. Ás 21.30 e ás 00.00 horas, a orquestra Alkázar ofrecera senllas sesións de verbena na praza do Bugallal. Entrementres, ás 22.30, a banda de música tradicional galega Pelepau ofrecerá un concerto na Praza Maior.

Q55A8581

O sábado 10 a décima edición da Feira Tradicional dos Remedios ampliada este ano tamén a rúa constitución e praza de Bugallal, onde se instalarán os postos de diferentes produtos de artesanía e da terra. A partir das 10.30 horas as rúas da vila encheranse de vida e historia, con exposición de fotos antigas, música tradicional e  teatro e animación de rúa con Cé Orquestra Pantasma. Ás 16.30, a Praza Maior acollerá o obradoiro de xogos tradicionais Xogando Miudinho. A partir das 18;00, o grupo tradicional Cantares de Brión fará un percorrido polas rúas da vila e a partir das 20:30 fará un concerto no auditorio municipal,.

XXIX Festival Folclórico do Condado se celebrará en dúas xornadas, domingo 11 e domingo 18 coa participación dos grupos foclóricos e de pandereteiras do Centro Cultural de Xinzo, de Padróns e de Areas; e a Pedra da Garza de Fozara, Algazara de Celeiros, Sadeo de Pias e os Muiños de Oliveira respectivamente.

O xoves 29, día de San Miguel, a banda de música xuvenil de Xinzo ofrecerá un concerto a partir das 11.00 horas nos Xardíns do Concello. A partir das 13.30, comezará o tradicional lanzamento dos globos de San Miguel na Praza Bugallal. Pola tarde, ás 19.00, terá lugar o lanzamento do globo grande na Rúa Rosalía de Castro.

As verbenas dos Remedios estarán amenizadas polas orquestras e grupos de música tradicionais  Alkazar, Pelepau, Abanico, e América. En S. Miguel contaremos coas orquestras  Satélites e Miramar e o grupo Quempallou

Outras actividades

Ademáis durante todo  o mes haberá o concurso de  Karaoke, Certame de Play Back, Musical Peter Pan, actividades deportivas e outras organizadas por diferentes colectivos e asociacións, ademais dos tradicionais oficios relixiosos, misas e procesións das festividades dos Remedios e de San Miguel