O Concello de Ponteareas convocou a comisión especial de contas para aprobar a conta xeral do ano 2012

logoA liquidación das Contas do ano 2012 xa se enviou o Consello de Contas no mes de xuño do ano pasado

O próximo 3/feb/2014 está convocada a Comisión especial de Contas para aprobación definitiva das Contas do ano 2012

O Concello de Ponteareas presentou o ano pasado no mes de xuño a liquidación das Contas do ano 2012 ante o órgano correspondente que é o Concello de Contas.

O trámite que falta agora é a celebración da Comisión especial de Contas onde se aprobará definitivamente a Conta do ano 2012,  para posteriormente ratificar o acordo no Pleno municipal.

É imprescindible cumprir os prazos que marca a lei, polo cal dende que se convocou a Comisión especial de Contas ai que dar 15 días hábiles para que os membros da Comisión estudien os datos que se lles mandaron, co cal o día que está convocada a mesma é o próximo 3 de febreiro de 2014. Despois de celebrarse esta comisión habrá que facer a exposición pública durante 23 días, e finalmente si houbese alegacións resolvelas para ratificar o acordo no Pleno.

Segundo explica a Concelleira de Facenda, estas Contas a pesares de que a liquidación enviouse no mes de xuño do ano pasado, este último trámite retrasouse porque dende finais de xuño este Concello quedou sen Interventor municipal, e non foi ata finais de outubro que se incorporou outro interventor en acumulación de servicios.