O centro Asprodico recibe por segundo ano consecutivo unha subvención da Xunta de Galicia

IMGA0347O Centro Asprodico ven de recibir, por segundo ano consecutivo, unha subvención de máis de 50.000 euros; axuda que se enmarca dentro do “Programa de Apoio Psicosocial e Familiar á Atención Temperá” da Consellería de Traballo e Benestar.

Foron moitos os esforzos feitos dende o Concello para que neste Decreto estivese recollido “Asprodico” , como o resto de servizos comunitarios, permitindo  garantir a continuidade e estabilidade  do centro,  mantendo e mellorando a calidade deste servizo prestado a cidadanía e non escatimando esforzos para que os servizos sociais, que se prestan na vila, non soo continúen prestándose senon que se melloren día a día, tanto no aspecto da prestación do servizo en sí mesmo, como tamén no mantemento das instalacións.

Xa no  ano 2012 o alcalde ponteareano, Salvador González Solla e maila concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado,  mantiveran diferentes reunións coa Conselleira de Traballo e Benestar, Dona Beatriz Mato, así como tamén da visita desta ao propio centro, na que se abordara  a posibilidade de recibir axuda dende a Consellería para o Centro de Discapacitados “Asprodico”, dado a importancia do servizo para Ponteareas e para outros concellos.

No centro cóntase, por unha banda, cun servizo diúrno para  persoas adultas con discapacidade psíquica, física o/ou sensorial, maiores de 18 anos e con necesidades de apoios xeralizados, cuxa finalidade consiste en procurar a integración destas persoas, mediante a realización de actividades de formación para a súa habilitación laboral, desenvolvemento da súa autonomía persoal e capacitación social. Para acadalo, trabállase a traves de diferentes talleres  de creatividades, de manualidades con  materiales de reciclaxe, taller de horti-floricultura, reforzo pedagóxico, mantemento físico a través de ximnasia de mantemento e Pilates, habilidades do fogar, hidroterapia no complexo deportivo Álvaro Pino,  hipoterapia en el club hípico Char e terapia canina. Tamén excursións e saídas culturais.

Tamén,  dirixido as persoas cunha  situación económica e nivel adquisitivo medio- baixo, realízase  un taller de alfabetización e outro de educación de adultos, ademáis da   E.S.O. para persoas con discapacidade, que se comezou a impartir este último curso académico.

No eido da  atención temperá dos nenos e nenas en idades comprendidas dos 3 aos 14 anos, préstase o “Servizo Municipal de Atención Temperá, Logopedia e Apoio Pedagóxico”, ademáis do asesoramento aos pais e nais.

De cara a poboación adulta, acábase de crear o servizo de “logopedia para adultos”, en colaboración con Cogami e Adapta, e que surxe como complemento a atención temperá para abordar diferentes trastrornos da linguaxe producidos por accidentes, enfermedades,…e que evita o traslado a outros centros  fora de Ponteareas.