O Calendario Galego de Ponteareas, ano 2015, dedícaselle ao Corpus Christi

presenstación calendario5O Salón de Sesións do Concello de Ponteareas quedouse pequeno para acoller a todos os veciños que este vernres se achegaron ata este salón para asistir á presentación do Calendario Galego de Ponteareas, ano 2015, e recoller o seu exemplar.

O alcalde de Ponteareas, Salvador Gonzalez Solla, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, presentaron este venres, día 19 de decembro, ás 20:30 horas, no salón de Plenos da Casa do Concello, o Calendario Galego de Ponteareas, ano 2015, que está dedicado á Festa do Corpus Christi e no que se recollen as 22 alfombras confeccionadas no ano 2014, así como as instantáneas do pregoeiro do ano 2014 e a dos merecedores da distinción da Medalla de Prata do Corpus Christi deste ano.

Tanto o alcalde, Salvador González, coma o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro, fixeron fincapé na súa aposta por difundir o Corpus Christi por todos os medios ao seu dispor e desexáronlles aos veciños unhas felices festas e un próspero ano 2015. Ademais, os asistentes ao acto puideron contemplar un video do Corpus Christi 2014 que gustou moitísimo aos asistentes.

O Calendario Galego de Ponteareas, cuxa edición é xa a sétima, convértese nun elemento de difusión da cultura, do patrimonio e de divulgación do sinal de identidade de Ponteareas, chegando a lugares dos cinco continentes, a lugares tan distantes da vila do Tea como Arxentina, Brasil, México, Venezuela, Cuba ou Xapón, entre outros.