O Auditorio Municipal acollerá o Festival de Nadal do Conservatorio Reveriano Soutullo

festival-nadal-conservatorioO tradicional concerto de Nadal ofrecido polos alumnos da Escola de Música Vila do Corpus e os estudantes do Conservatorio Reveriano Soutullo terá lugar o vindeiro venres, 18 de decembro, no Auditorio Municipal a partir das 20:00 horas.

O evento constará das actuacións, por separado, de diferentes grupos: o alumnado da Escola de Música Vila do Corpus; os alumnos de grao elemental do Conservatorio; os alumnos de Grao Profesional do Conservatorio; os membros da Banda de Grao Elemental do Conservatorio; os membros da Banda de Grao Profesional do Conservatorio; grupos de cámara e conxunto, e actuacións individuais.