Mercado Solidario, o sábado 3 de outubro

Terá lugar o vindeiro sábado 3 de outubro no número 12 da Praza Maior

Servirá para recadar fondos para Asociación de Loita contra co Cancro de Mama “We Can Be Heroes” e para promover a marcha solidaria do vindeiro 19 de outubro

pont-we-can-be-heroesA Asociación “We Can Be Heroes” de loita contra o cancro de mama ten preparada unha intensa actividade para o mes de outubro no Concello de Ponteareas. A primeira cita terá o lugar o sábado, 3 de outubro, no número 12 da Praza Maior da vila, escenario escollido para celebrar un mercado solidario destinado e recadar fondos para a propia asociación.

O mercado conta coa colaboración e o patrocinio do Concello de Ponteareas e de numerosas empresas, comercios e establecementos hostaleiros do municipio. Todos eles contribuirán, a través de diferentes doazóns, a construír un mercado que ofrecerá produtos variados, a prezos que non superarán os 10 euros. A concellería de Comercio, xestionada por Mario Lago, quere axudar animar a todos os veciños e veciñas “colaborar cunha asociación que pode axudar a mellorar o futuro de moitas persoas”.

Esta iniciativa servirá, asemade, para promover unha marcha solidaria organizada pola mesma asociación que terá lugar o vindeiro 19 de outubro, que contará cun percorrido de 5 quilómetros e que terá como punto de partida e de chegada a Praza Maior.