Maratón solidario no complexo deportivo Álvaro Pino

O complexo deportivo Álvaro Pino do Concello de Ponteareas organiza unha maratón solidaria que terá lugar ás 20:30 horas o venres día 22. Zumba, spinning e actividades para os máis pequenos para facer deporte e amosar o lado máis comprometido e solidario.
Non é preciso inscribirse tan só achegarse, facer deporte e traer un quilo de axuda.