O Concello de Ponteareas abre o proceso de selección de persoal para o servizo de emerxencias

O Concello de Ponteareas convoca o proceso de selección para a contratación laboral por interinidade de dous peóns para o servizo de extinción de incendios e emerxencias, unha delas de condutor.

Os interesados en optar a este contrato temporal a tempo completo deben dirixir as instancias ao Alcalde do Concello de Ponteareas que se poderán presentar no prazo de vinte días naturais a partir do luns día 18 de decembro.

https://ponteareas.gal/descargas/empregopublico/anuncio-bop.-prazo-presentacion-instancias-peon-grumir-e-condutor.pdf

Para a praza de condutor deberá estar en posesión da ESO ou equivalente, e do carné de conducir C+E. Para a praza de peón grumir estar en posesión da titulación de certificado de estudios primarios.

Ambas prazas pertencen na actualidade ao servizo de extinción de incendios e emerxencias, polo que a praza de condutor, aparte das funcións propias de condución dos vehículos propios do departamento, estarán incluídas todas aquelas propias do departamento o que estarán destinados e que impliquen a súa participación activa nos servizos de emerxencia que se requiran e que xeralmente serán as da participación conxunta co peón grumir o que acompañe, aparte do todas as que se poidan establecr no seu m

Co obxectivo de garantir á veciñanza un servizo e unha cobertura máis ampla a Concelleira de Seguridade Cidadá, Vanesa Fernández, convoca estas prazas para  completar o cadro de persoal do servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8 na actualidade. 

“A necesidade derívase fundamentalmente que na actualidade existen no cadro de persoal 10 prazas no servizo de extinción de incendios e emerxencias, estando ocupadas 8. O incremento da plantilla é fundamental para evitar producir un extraordinario número de horas extras, así como a necesidade de acudir de xeito continuado a contratación temporal para cubrir as quendas, que dado o carácter do servizo préstase 24 horas o día os 365 días do ano”, explica Vanesa Fernández.

O goberno engade que cumpre así co compromiso que adquiríu de mellorar un servizo esencial non só para o Concello de Ponteareas se non tamén para o outros oito concellos que atende o servizo.