Mañá imos eliminar o lixo que moveron as crecidas. Quedamos na Ponte das Partidas!

A concellería de Mocidade e Voluntariado, que dirixe Miguel Bouzó, convida á mocidade a participar na limpeza voluntaria do río Tea que terá lugar mañá venres día 28 de 16:30 a 18:30 horas para eliminar todo o lixo que moveron as crecidas. O lugar de encontro será a praia da ponte das Partidas.

Esta actividade enmárcase dentro da iniciativa Venres polo Planeta que materializa con distintas accións o compromiso de protexer o medio ambiente. Nesta ocasión recoméndase levar, ademais de luvas e botas, un pao de vasoira ou similar cun gancho na punta para poder chegar aos plásticos que, lamentablemente, penduran das ramas das árbores.

Para participar só tedes que chamar ao número de teléfono 687 764 516 ou enviar un mail a voluntariado@ponteareas.gal