A concellería de Ensino, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, informa das charlas sobre as escolas rurais de Ponteareas que terán lugar hoxe 27 de febreiro ás 17:3, horas na aula de Ribadetea e ás 19:30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas.
Organizadas pola ANPA A Xuntanza, continúan o día 3 de marzo ás 17:30 horas na aula de Parada, Xinzo e ás 19:30 horas volven á sala multiúsos do auditorio municipal de Ponteareas.
As charlas para dar a coñecer as nosas escolas do rural tamén visitarán novamente a parroquia de Ribadetea o vindeiro 10 de marzo.
Todas as aulas do CRA de Ponteareas contan con servizo de aula matinal dende as 07:30 horas ata as 09:00 horas grazas á iniciativa da concellería de Ensino.
A ANPA A Xuntanza informa que o período de matrícula para o curso 20-21 comeza o vindeiro 1 de marzo e péchase o 20 de marzo.
As nosas escolas do rural supoñen a oportunidade de medrar aprendendo nun centro fortemente vencellado á súa contorna e con estreitos lazos coas familias no que se ofrece unha educación pública de calidade e personalizada.
Todas as familias que precisen porse en contacto con esta ANPA pódeno facer a través do número de teléfono 666 893 879 ou a través do enderezo electrónico anpaxuntanza@gmail.com