Logopedia de adultos

_55A3039[1]No día de hoxe tivo lugar a presentación dun  novo servizo de “logopedia para adultos”, no centro municipal de discapacitados, Asprodico, que surxe como complemento a atención temperá que se está a prestar a nivel municipal, dende hai máis de 18 anos, e que a través de  Cogami e Adapta.,  acollidos  a unha subvención da Consellería de Traballo, porán en funcionamento.

En  dita presentación estivo  o alcalde ponteareano, Salvador González Solla e a concelleira de servizos sociais-atención primaria, Marisol Valado, que xunto ao presidente de Cogami,  Anxo Queiruga e a presidenta de Adapta, Montserrat Cuevas, ademáis de outros membros integrantes,  estiveron explicando dito  servizo,  e o compromiso por ambas partes de darlle continuidade no tempo, así como tamén todas  as actuacións en conxunto  levadas a cabo e outras que se porán en marcha.

O servizo existente de atención temperá posibilita xa hai anos  que  todos os nenos e nenas que o necesiten,  sexan de Ponteareas ou doutros Concello, dispor dun gabinete pedagóxico no ámbito dos servizos sociais, sen embargo non se estaba  dando  resposta  municipal  a logopedia para adultos, unha necesidade  detectada na zona.

Dito servizo  vai a ir dirixido principalmente a persoas  con discapacidade, ainda que poderán ser beneficiarias do mesmo, persoas adultas que sin presentar ningunha discapacidade o necesiten, establecendo, traballando na mellora da comunicación en diferentes trastornos  da linguaxe, entre os que se poden  destacar:

Disfonías, no caso de profesionais que traballan coa voz, por nódulos,… cos que se traballa a respiración, aprendizaxe da respiración diafragmática, reeducar a voz, non gritar,

Outros casos derivados de traumatismos, aneurismas cerebrais, infartos cerebrais, hemorraxias,… os cales provocan afasias de diferentes  tipos, con serios problemas da linguaxe, tanto en expresión, como comprensivo, así como na recepción da información e recuperación da mesma.

Casos de traqueotomías, tartamudez, persoas que falan moi lento ou todo o contrario, demasiado rápido, así como omisións de fonemas.

Sen olvidar os principias campos de traballo para o profesional como son os síndromes raros, algunha variante do parkinsonismo,  logopedia para persoas adultas con discapacidade e a multitude problemática que leva inherente por norma xeral.