Clausura do curso de aquelando 3 en Ponteareas

_55A5523Hoxe no Centro de Desenvolvemento Local de Ponteareas, tivo lugar a clausura do curso: Atención Sociosanitaria a Persoas Dependentes en Institucións Sociais.

O acto, no que se fixo entrega dos diplomas aos alumnos/as, asistiu a deputada provincial  Marta Iglesias, que estivo  acompañada pola  concelleira de emprego  Marisol Valado Pérez.

Esta acción, desenvolveuse dentro do proxecto Aquelando 3 do que forma parte o concello, froito da firma coa Deputación Provincial do  “Pacto Provincial para a Calidade e Produtividade Social no Emprego”, que se enmarca no programa operativo europeo “Adaptabilidade e Emprego” do Fondo Social Europeo.

A deputada fixo referencia a que o “obxectivo do proxecto é a inserción laboral das persoas que participan nas diferentes accións formativas”, destacando o 72% de inserción acadado na edición anterior. Por outra banda destacou tamén que dende a institución provincial estase a traballar cara a formación, orientación e a inserción para paliar as necesidades das persoas mais vulnerables de cara a integración sociolaboral e a loitar contra a exclusión social

Pola súa banda, a concelleira, subliñou que: “a axuda mais importante para un desempregado e formarse e adaptarse as novas cualificacións profesionais e necesidades do mercado de traballo”, poñendo como exemplo da utilidade e calidade da formación,  a contratación feita  dende o concello o carón  do plan de emprego da deputación provincial, dalguna das participantes que hoxen reciben o seu diploma.

A acción formativa tivo unha duración de 500 horas, nela participaron un total de 15 alumnos/as. O longo deste tempo todos os participantes adquiriron coñecementos e habilidades necesarios para o desempeño do seu traballo na atención a persoas institucionalizadas ben sexa en centros públicos ou privados. Traballáronse temas que abranguen dente a intervención hixiénico- alimentaria ata o apoio psicosocial e a comunicación. A formación completouse con 80 horas de prácticas en empresas.

Esta acción distínguese doutras, en que a titulación que hoxe recibiron os que remataron  con avaliación positiva dalle acceso a un certificado de profesionalidade nivel dous.