Inscríbete na ludoteca e comeza a divertirte

A concellería de Benestar Social que dirixe Verónica Carrera informa de que ata mañá mércores día 26 ás 14 horas está aberto o prazo de matrícula para a ludoteca municipal na que poderán divertirse e aprender todos e todas as nenas de seis a doce anos e todos os mozos e mozas de doce a dezaséis anos.

A ludoteca municipal abre as súas portas para a matriculación de 09:15 a 14 horas e de 16 a 20 horas na avenida Castelao nº23. Aqueles que o precisen poden obter máis información no número de teléfono 673 794 760.

Micoloxía, obradoiros, xogos de rol, ciencia divertida, colleita de erbedos, manualidades, repostería, horta e moitas outras actividades cunha cota 14,64 euros ao mes.

 

Verónica Carrera anima a todas as familias a achegarse ata a ludoteca a coñecer os seus servizos que pretenden apoiar e facilitar a concialiación laboral e familiar ao tempo que espertan a curiosidade do alumnado e ensinan aos nenos e nenas a medrar desfrutando da aprendizaxe.