Familias Azuis Ponteareas achega ás familias recursos ofrecidos pola asociación Autismo Galicia

A concellería de Educación do concello de Ponteareas, que dirixe a tenenta de alcalde Cristina Fernández, traslada a través de Familias Azuis Ponteareas un enlace con recursos e consellos para este tempo de quedar na casa.

Familias Azuis Ponteareas e a concellería de Educación queren amosar o seu apoio a todas as familias con persoas con autismo “xa que para estas persoas é dobremente complexo permanecer sen saír dos fogares e mudar as rutinas”.

Co obxectivo de facilitar ferramentas útiles, Familias Azuis Ponteareas recomenda o enlace web de Autismo Galicia que a través de TeaConsellos aporta pautas para axudar ás familias https://view.genial.ly/5e787d9c6d276f0db77aaa48/presentation-teaconsellos-tempo-na-casa-e-as-persoas-con-autismo

Ser paciente, flexible coas normas, dosificar a información que reciben da pandemia e adaptala á persoa con autismo e seguir normas de hixiene son algunhas das moitas referencias que podemos atopar nesta presentación.