Exposición en Ponteareas de reloxos de José Higinio Súarez Garra, baixo o título “130 anos de paixón reloxeira”

MediosNo antigo local da Ferretería Mariño inaugurouse onte a exposición “130 anos de paixón reloxeira”, contando coa presenza do alcalde do Concello de Ponteareas, Salvador González Solla, e o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández. Nesta exposición pódese comtemplar a colección particular de José Higinio Suárez Garra, composta de múltiples tipos de reloxos de distintas épocas, ferramentas antigas de reloxeiro, así como unha colección de fotos dos reloxos da comarca do Condado e A Paradanta. Esta exposición é froito da súa afección coleccionista polos medidores de tempo, que herdou do seu avó, custodio dos reloxos do Convento das monxas dominicas de Baiona, e do seu pai, os cales lle transmitiron a súa paixón pola reloxería e que este, á súa vez, foi quen contaxiar a un dos seus netos, mantendo viva a afección reloxeira na familia.

Poderase contemplar esta exposición desde o 16 de xuño ata o 13 de xullo.