Éxito da II Travesía a Nado Vila do Tea

O sábado 19 de agosto celebrouse na praia fluvial da Freixa, en Ponteareas, a segunda edición da Travesía a nado Vila do Tea coa participación de máis de 170 nadadores individuais e dez equipos de relevos chegados de toda Galicia, Portugal e diferentes Comunidades Autónomas de España.
Os participantes repartíronse en distintas categorías e distancias. A proba raíña contou con nadadores e nadadoras de categoría elite que recorreron un circuito de tres voltas para completar 3600 metros e puntuar no circuito galego de augas abertas.
Ao podium desta categoría subiron Gaspar Andrade en primeiro lugar, Hugo Cardoso en segundo lugar e Lucas Costa en terceiro lugar, e na categoría feminina gañou Paula Goyanes, quedando segunda Alba Ortíz e terceira Laura Rodríguez do Club Natación Ponteareas.
Os máis pequenos tiveron por diante 200 metros, mentres que as categorías intermedias (master, popular, alevín, benxamín e infantil) recorreron 1200 metros.
Un numeroso público aplaudíu dende a beira do río Tea e a organización repartíu máis de 1500€ en premios.
A organización quere agradecer a colaboración do Concello de Ponteareas a través da Concellería de Deportes, das numerosas casas comerciais e das empresas e adianta que trabajará na terceira edición.