Chega a Ponteareas o Festival de Jazz!!!

A Concellería de Cultura do Concello de Ponteareas presenta o Festival de Jazz que se celebrará do 25 ao 27 de agosto. A partir das 22 horas do venres 25 no Paseo Matutino terá lugar a actuación protagonizada polo guitarrista galego David Regueiro Quintet patrocinado por Banastra, Centro Comercial Aberto.
O sábado 26 na rúa Rosalía de Castro actuará a partir das 22 horas o pianista Adrián Solla Project acompañado de Manuel Méndez e Juyma Estévez no contrabaixo e David Puime na batería. A partir das 23 horas é o turno de Paco Charlin Jazz Frecuency Group. Paco Charlín é un dos máis prestixiosos músicos de jazz de Galicia e do resto da península, ven de colaborar en distintos proxectos nacionais e internacionais. Paco Charlin, responsable do Seminario de Jazz de Pontevedra, estará en Ponteareas acompañado entre outros de Naima Acuña á batería.
O domingo 27 o escenario do Festival de Jazz trasládase á Praza Maior que contará coa actuación do trío Apple Three formado por Narci Rodríguez na voz, Pablo Castaño no saxo e Marcos Pin na guitarra a partir das 21:30horas.
Pecharán a edición deste ano a cantante cubana Diana Tarín e o Alberto Vilas Quartet. Formado por Xosé Miguelez ao saxo, Juansy Santomé ao contrabaixo, Max Gómez á batería e Alberto Vilas ao piano será a primeira vez que se poderá ver a este renovado cuarteto xunto sobre un escenario.