A Deputación inicia un curso sobre técnicas de seguridade e primeros auxilios en Ponteareas dentro do programa ‘Actívate 2014’

IMG_1728A deputada provincial Marta Iglesias; xunto a concelleira de emprego, servicios sociales atención-primaria, comercio e industria, Marisol Valado, asistiron hoxe a inuaguración do curso sobre técnicas de seguridade e primeiros auxilios organizado pola Deputación neste municipio, e no que participarán perante dous días por semá un total de 25 alumnos.

En total serán 50 alumnos ponteareáns os que aproveiten os cursos incluidos neste programa da Deputación, para o fomento da formación laboral, xa que ademais do ciclo sobre primeros auxilios, xa se impartíu neste ano unha segunda actividade docente, para acompañantes de autobuses escolares.

Os diplomas de asistencia a este segundo curso, foron entregados fai unha semá no Centro de Desenvolvemento local de Ponteareas. Esta iniciativa da Deputación, repítese por sexto ano consecutivo, no municipio. A deputada Marta Iglesias, puxo en valor, o feito de que mais dun milleiro de alumnos, participen en toda a provincia, do ‘Actívate 2014’, con mais de 55 Concellos adheridos ao proxecto e perto de 70 cursos en marcha.

Según explicou, “a Deputación está facendo un esforzo máximo na formación laboral e o acceso ao emprego dos xóvenes e parados”. “Proba delo —engadíu—, é que perto de 2.300 persoas accederan a realización de prácticas laborales gracias a las becas de la Administración Provincial durante este año”.

O alcalde de Ponteareas, Salvador González, e a concelleira de emprego,   Marisol Valado, agradecen o esforzo feito pola Deputación na formación laboral dentro do municipio, e animan os cidadáns a “aproveitar estas iniciativas e mellorar así as expectativas laborais para colectivos que actualmente se atopan en busca de emprego”.

Dende o derradeiro ano 2009 hasta este curso, o programa Actívate da Deputación, puxo en funcionamento, experiencias docentes en Ponteareas sobre: prevención de riscos laborais, cociña e repostería, monitores de tempo libre, coidado de nenos, cursos de caixeiros e repoñedores, iniciación a informática, photoshop e retoque fotográfico, conservación de alimentos, reparacións domésticas, ou de especialidades como o xogo infantil.

Os alumnos que participaron das actividades deste ano, destacaron a calidade da docencia e a utilidade das materias elexidas. Animaron a Deputación, a continuar nesta liña de apoyo a formación laboral e suxeriron a posibilidade de ampliar o número de cursos de cara a vindeiras edicións.