Ponteareas premia o uso do galego na actividade comercial e empresarial

O Concello ven de crear o I Premio “Ponteareas, lingua e empresa”, unha iniciativa das concellerias de Cultura e Lingua que dirixe Fernando Groba conxuntamente coa Concellería de Promoción Económica a cargo de Eva Gil, co obxectivo de recoñecer públicamente o uso e fomento do galego por parte de empresas, autónomos e profesionais que teñan a súa sede social ou un centro de actividade no concello de Ponteareas.

Coa intención de visibilizar o compromiso coa lingua do tecido empresarial pero tamén co ánimo de premialas e incentivalas, o Concello pon a disposición dos e das interesadas un enderezo electrónico ao que deben dirixir as súas propostas premioslinguaempresa@ponteareas.gal

Normalizar o uso da lingua galega a nivel profesional e promover o seu emprego na actividade económica así como estender o seu uso nas relacións laborais, comerciais e empresariais, e recoñecer publicamente a contribución ao aumento e mellora do uso social do galego desde este sector son as premisas deste premio”, explica Fernando Groba.

As empresas poderán presentar directamente a súa candidatura ou seren propostas por calquera persoa ou entidade, xustificando, na medida do posible, os méritos cos que conten. Calquera persoa que o desexe poderá propor a unha entidade, que entenda, que emprega o galego nalgunha ou en todas as súas actividades. As propostas serán remitidas ao enderezo electrónico sinalado nos vindeiros 10 días.

Os e as aspirantes deberán xustificar que empregan a lingua galega tanto a nivel de comunicación externa e relacional como de xeito interno ou de xestión. Deste xeito, o xurado valorará o emprego da lingua galega no sitio web se o tivese, nas redes sociais, sinalética, nas campañas publicitarias ou materiais promocionais, nas súas actividades, na atención á clientela, na comunicación interna co persoal ou a existencia de normas de usos lingüísticos que fomenten o uso do galego, entre outros aspectos.

A concelleira de Promoción Económica, Eva Gil, reseñou “Hai moitos establecementos e empresas que xa fan uso do galego na súa actividades, pero trátase de dar un primeiro paso para implicar a máis entidades. Preténdese que o uso do galego non sexa un obstáculo senón un aspecto positivo para a actividade económica”.

O xurado estará formado por un/unha representante do concello, un representante dunha asociación en defensa da lingua, unha entidade que xeneralice o uso do galego na empresa e un/unha representante do eido empresarial, tamén do comercio.

Nesta primeira convocatoria establecense tres premios: uso continuado da lingua galega, incorporación recente ao uso da lingua galega e traxectoria do uso da lingua galega ao longo de décadas.

http://ponteareas.gal/xiralda/uploads/2019/07/20190627115557.pdf