Represas defende as adicacións do seu goberno “inferiores ás do ano 2007 no goberno PP-UCPA”

O Alcalde defendeu no pleno de hoxe a súa proposta de dedicacións dos membros do goberno “porque para atender un concello da entidade de Ponteareas é preciso que unha parte dos membros do goberno deixen os seus traballos”. De doce concelleiros do goberon, sete terán adicacións, catro exclusivas e tres parciais, mentres outros cinco non disporán de adicación.

Respecto ás contías aprobadas, Represas rexeitou as críticas da oposición relativas á suba que se produce con respecto a 2015. O Alcalde explicou que “é normal que se suban, porque as de 2015 eran moi baixas pola situación de ruina na que estaba o Concello. O que fixemos agora é actualizalas e aínda así nin sequera nos poñemos á altura de concellos máis pequenos, como Lalín ou Mos, onde os salarios dos cargos públicos siguen sendo superiores aos que hoxe aprobamos nós”.

Represas lembrou que “en 2007, co concello arruinado, o PP e independentes aprobaron un gasto de 60.000 euros máis ao ano que o que agora acordamos nós e desfrutaron dunha adicación máis que na actualidade”. O Alcalde engadíu que “nós saneamos economicamente o Concello, subimos os salarios sustancialmente á maioría do persoal municipal e agora actualizamos os salarios dos cargos do goberno”.

Xosé Represas salientou que o no Pleno o portavoz de ACIP, aínda discrepando das cifras do alcalde, recoñeceu cos seus propios cálculos que o custo aprobado sería inferior ao do ano 2007.