Charla sobre compostaxe

Dende o Concello de Ponteareas e a Concellería de Medio Ambiente, poñémonos en contacto con vostedes para informarlles que o Centro de Compostaxe da Feira Vella está dispoñible para o seu uso.

Agradecémoslles a súa participación no programa Revitaliza de Compostaxe  Comunitaria e lembrámoslles que calquera veciño/a pode usar os composteiros comunitarios localizados no Parque da Perillana e na Feira Vella, só é preciso facer unha boa separación dos restos orgánicos que producimos nas nosas casas e cubrir a folla de compromiso dispoñible en dependencias municipais así coma na web do Concello (Trámites e Impresos/ Medio Ambiente/ Formulario Programa provincial de Compostaxe Comunitaria).

Así mesmo, aproveitamos para anunciar unha próxima charla informativa sobre Compostaxe Comunitaria dirixida a todas aquelas persoas interesadas.

A charla  terá lugar o vindeiro xoves 18 de maio ás 19:00 horas no Salón de Plenos do Concello.