AVISO IMPORTANTE – A Concellaría de Cultura convoca a segunda edición do certame de poesía Xogos Florais

Por mor de imprevistos xurdidos, os XOGOS FLORAIS deste domingo trasládanse ao vernes 23 de xuño. Por este motivo dende o Concello tomamos a decisión de ampliar o prazo de presentación ao 8 de xuño. As bases poden consultarse na web municipal.

As autoras e autores poderán entregar os seus poemas orixinais e inéditos até o 8 de xuño en dúas categorías: mozas e mozos, de 12 a 18 anos, e adultos, maiores de 18 anos.

Cos traballos seleccionados e xunto aos seleccionados do ano pasado publicaráse un libro de poemas para a súa difusión.

A Concellaría de Cultura, que coordina Hortensia Bautista, abre a convocatoria celebración da segunda edición do certame de poesía, cuxos galardoados terán a oportunidade de ler os seus poemas nos Xogos Florais que terán lugar no Auditorio Municipal, tras o fallo do xurado.

Todas as persoas interesadas teñen de prazo até o vindeiro 15 de maio para entregar, ben na Biblioteca Municipal (rúa Perillana número 11), ben a través do enderezo electrónico bibliotecamuseo@ponteareas.es, os seus respectivos poemas. Só se recollerá un poema por cada participante, o cal deberá estar escrito en galego e ter unha extensión mínima 10 versos e unha máxima de 40.

A temática dos poemas é libre e o xurado encargado de valoralos estará presidido polo alcalde e integrado por outras tres persoas vinculadas á literatura galega, ademais dunha persoa traballadora da Biblioteca-Museo que actuará como secretaria con voz e sen voto. As súas deliberacións serán secretas e delas estenderase a acta correspondente. A súa decisión farase pública con antelación á celebración dos Xogos Florais. Os poemas premiados e aqueles que obtivesen o accésit se publicará un libro para a súa posterior difusión entre os centros de ensino e público en xeral.

O certame constará de dúas categorías: mozas e mozos dende os 12 ata os 18 anos; e adultos. O Concello fará entrega dun total de catro premios en cada categoría que consistirán na entrega dunha flor natural e unha medalla conmemorativa dos Xogos Florais.

Todos os participantes deberán entregar 5 copias dos seus respectivos traballos, mecanografados, e asinados cun pseudónimo, desbotándose do concurso aqueles nos que poida ser identificada a autoría. Os concursantes entregarán tamén un sobre pechado que leve no seu exterior o mesmo pseudónimo empregado no poema e maila categoría na que participa. No seu interior deberá figurar o nome e apelidos do autor ou autora, fotocopia do DNI, enderezo, número de teléfono, correo electrónico e un breve currículo. Para máis información, as bases pódense consultar na web.