Charla para nais e pais “Sexo, drogas e moitas APPS”

“A concellería de Ensino que dirixe a nacionalista Cristina Fernández ofrece unha charla para nais e pais que terá lugar mañá mércores día 14 ás 19:00 horas na sala multiusos do auditorio municipal. A médico de familia Raquel Plana e o enfermeiro Nemesio Boente, ámbolos dous profesionais do Centro de Saúde de Ponteareas, falarán de dependencias, prevención de enfermidades de transmisión sexual e a sexualidade na adolescencia. 
Para facilitar a participación de todas as familias, a concellería de Ensino ofrece servizo de gardería na entrada principal do auditorio. 
Seguindo a liña de formación, a concelleira considera fundamental ofrecer ás familias a maior información posible na prevención de futuras problemáticas.