Máis de cen participantes de dezanove equipos déronse cita na piscina municipal de Ponteareas para participar no Campionato Galego Máster de Fondo.
Os nadadores Fran Cobelo, Marta Abreu, Verónica Varela e Cristina Calviño do Club Natación Ponteareas conseguiron récords galegos na súa categoría nos 1500 metros libres.
Ademais, varios nadadores e nadadoras do club obtiveron diversas medallas.
Finalmente o equipo feminino fíxose co primeiro posto e o masculino no segundo. Na clasificación conxunta, o equipo de Ponteareas conseguíu o subcampionato.
Á entrega final de trofeos acudíu o concelleiro de Deportes, o socialista Benito Márquez, que felicitou, unha vez máis, aos premiados.