A Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas oferta o préstamo on- line de libros electrónicos.

SKMBT_C22014101509300A partir do día 20 de outubro a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas ofertará o préstamo on- line de libros electrónicos para todos os usuarios da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia.

Este servizo ofrecerá a posibilidade de descargar títulos, tanto en galego coma en castelán, en formato dixital a través de Adobe Digital Editions ou lelo a través de internet sen descargar. Para os libros en galego utilizarase a plataforma “Galicia Le” e no caso dos títulos en castelán o préstamo efectuarase a través da plataforma “E-biblio” pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Os lectores poderán elixir dentro dun amplo catálogo que abarca todas as idades e que engloba ficción, historia, informática, lecer, etc., coa única restricción de que os usuarios infantís non poden coller en préstamo obras destinadas a adultos. O único que se precisa é ser socio de calquera das bibliotecas da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia e contar cun dispositivo compatible co formato, xa sexa con tablets, smartphones, ordenadores persoais ou libros electrónicos.

O concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, amósase moi satisfeito por poder ofertar este servizo desde a Biblioteca Pública Municipal de Ponteareas e aposta pola introducción deste novo sistema de préstamo que lles permitirá aos usuarios acceder ao libro sen ter que desprazarse fisicamente, o que facilitará e aumentará, previsiblemente, o acceso á lectura.