Gran éxito de participación e diversión no “Obradoiro gratuíto de Iniciación ao Clown” en Ponteareas, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas.

Atlántico-zO “Obradoiro gratuíto de iniciación ao clown” acada un gran éxito de participación no Concello de Ponteareas, sendo un dos municipios no que máis solicitudes tivo este obradoiro, pechándose o cupo establecido pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. No comezo deste obradoiro, no que tamén participou activamente o concelleiro de Cultura, Andrés Sampedro Fernández, os asistentes deron renda solta á expresión e á complicidade, da man de Fran Rei, membro do grupo “Os Sete Magníficos Máis Un”.

Esta actividade programada pola Rede de Dinamización Lingüística en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ponteareas, dependente da Concellería de Cultura que dirixe Andrés Sampedro Fernández, está dirixida a persoas maiores de 16 anos e terá lugar desde o día 14 ao 18 de outubro na sala multiusos da Biblioteca Pública Municipal.

Este obradoiro, segundo manifesta Andrés Sampedro Fernández, é unha acción formativa e, ao tempo, lúdica moi interesante na que se poden traballar as técnicas de expresión dos pallasos, a interrelación entre os actores e o público, a xestión do sentimento de ridículo á hora de expresarse etc, ademais de ser unhas xornadas de liberación da tensión, ao que se xunta o bo facer de actores de recoñecido prestixio como Fran Rei ou Pedro Brandariz, os encargados de guiar este obradoiro.