Banastra organiza a “Troulada de Verán”

Banastra que aúna comerciantes, praza de abastos, servizos e hosteleiros de Ponteareas organiza en colaboración coa concellería de Comercio do Concello de Ponteareas a “Troulada de Verán”, un peculiar entroido de verán que terá lugar o vindeiro sábado día 19 de agosto.

A partir das 21 horas haberá un desfile de comparsas que sairá do Paseo Matutino e rematará na avenida Castelao, no aparcamento de coches. Seis comparsas a de Prado, comparsa A Vila, Brincadeiros, Talisman de san esteban de budiño e Os Campechanos percorrerán as rúas de Ponteareas acompañados da comparsa Cicklón de Tomiño.

Ao remate do desfile, arredor das 22 horas, actuará Edi FM coa Space Music no mesmo aparcamento da avenida Castelo, seguidos de dj Kikito. Todos os participantes poderán vir disfrazados

Banastra, que ven de presentar a súa nova imaxe corporativa ten máis de 180 locais e negocios asociados que trabajan de xeito conxunto coa finalidade de dinamizar o comercio local coa pretensión de volver ser o centro comercial das comarcas do Condado Paradanta.

No comercio local de Ponteareas os veciños da comarca poden atopar todo tipo de produtos al prezos máis competitivos.

O entroido de verán é unha das moitas actividades que Banastra ten programadas ao longo deste ano.

A finais de agosto, ademais, comezarán a ofrecer aos clientes premios directos para tódolos clientes nunha nova campaña de dinamizacion.