Aumenta a plantilla da Policía Local

A concellería de Seguridade Cidadá, que dirixe Vanesa Fernández, informa a cidadanía da incorporación dun novo axente da Policía Local que agora iniciará a súa formación na Academia Galega de Seguridade.

A concelleira adianta tamén que no último ano ampliouse a oferta de emprego público ao convocar catro prazas máis para a Policía Local. Unha vez que a academia proceda a selección, pasarán unha fase de formación para logo incorporarse á plantilla de Ponteareas que, na actualidade, conta con trece axentes.

Ademais, abrirase o prazo para cubrir duas prazas de mobilidade de xeito que calquera Policía Local de outros concellos que queira vir desprazado doutro concello para prestar os seus servizos en Ponteareas pode solicitalo.

Vanesa Fernández explica que a ampliación da plantilla da Policía Local é un proceso lento que require moita previsión, “ao longo de moitos anos non se fixo unha planificación da plantilla da Policía Local nin se foi tendo en conta as posibles xubilacións polo que agora cando un policía se xubila temos que agardar máis dun ano para poder cubrir a plaza”.