A Asociación Deportiva Wudang de Ponteareas faise con oito medallas de ouro no Campionato Galego

A Asociación Deportiva Wudang faise con oito medallas de ouro no campionato galego celebrado esta fin de semana pasada no pavillón dos Remedios de Ourense. No encontro o wushu de Ponteareas tamén acadou catro medallas de prata e tres de bronce; aumentando o número de medallas totais respecto á tempada do 2017 no que en total conseguiran oito fronte ás quince obtidas esta fin de semana conseguindo os resultados en todas as categorías e disciplinas. 

O club sinala que seguirán a traballar para por Ponteareas no mapa deportivo de Galicia, de España e do mundo.

O Concelleiro de Deportes, Benito Fernández, salienta a labor deste club que ofrece novas disciplinas e unha práctica deportiva para distintas idades e categorías.

CAMPIONATO GALEGO 2018

Xes Argüelles Presa

Nanquan infantil masculino ouro

Nandao infantil masculino ouro

Gabriel Candal Veiga

Nanquan infantil masculino prata

Yorel López Romero

Changquan infantil masculino ouro

Samuel Sánchez Gil

Nanquan cadete masculino prata

Naim Codeseda Tielas

Changquan junior masculino prata

Sergio Vázquez Alonso

Changquan junior masculino ouro

Daoshu junior masculino ouro

Paula Sotelino Coro

Daoshu sénior feminino bronce

Jacobo Mo Caeiro

Nanquan sénior masculino bronce

Nandao sénior masculino prata 

Maikel Cuña Bernárdez

Nandao senior masculino bronce

Lorenzo Rivera Trigo

Nangun sénior masculino ouro

Belén Arjones Fernández

Nanquan sénior feminino ouro

Nandao sénior feminino ouro