Ponteareas solicitará que o proxecto de mellora da PO-403 sexa completo

O goberno de Ponteareas reunirase cos colectivos veciñais e sociais das parroquias polas que transcurre a PO-403 (Angoares, Moreira e núcleo urbano) para valorar o proxecto presentado pola Xunta ao considerar que non contempla as demandas dos colectivos veciñais, do goberno nin da Corporación.

A Tenente de Alcalde e Concelleira socialista de Vías e Obras, Chus Garrote, manifesta a súa disconformidade con este proxecto no que non se tivo en conta as aportacións do goberno municipal nin da cidadanía, convertindo estas medidas de mellora nun “parche de trámite” que non da solución aos principais problemas e necesidades.

“Gustaríanos que tiveran recollido as demandas dos colectivos veciñais e estudaran as nosas propostas nas que recollemos aqueles puntos de especial importancia e máxima urxencia”, aclara Chus Garrote.

Nestes intres o proxecto está exposto a exposición pública ata o 13 de marzo, data na que remata a presentación de informes e alegacións. 

O proxecto contempla actuacións no tramo entre o punto quilométrico 8+600 despois do enlace da A-52 e o punto quilométrico 10+200 ao final da travesía de Angoares preto de Ponteareas.

A Tenente de Alcalde adiantan que trasladarán á Consellería de Infraestruturas e Vivenda as reclamacións recollidas polo concello nas súas reunións veciñais e tamén aquelas que o propio goberno considera indispensables para a mellora da seguridade viaria.

Nestes intres o goberno está en conversas coa técnico responsable da redacción do proxecto para aclarar os motivos que os levaron a decantarse por unhas opcións e non por outras.

“A Xunta non se puxo en contacto co goberno para estudar as mellores opcións. Entendemos isto como unha falta de respecto institucional. Por outro lado hai demandas deste concello que non están contempladas no proxeccto como o son a demanda de creación dunha beirarrúa e barandilla en Castelao no marxe dereito preto da rotonda de Mondariz, tampouco contemplan a demanda das beirarrúas solicitadas dende o pk 8220 e o 8790 dende pasar o restaurante das Pontes ata o comezo da beirarrúa na ponte de Moreira”, explica a tenente de Alcalde e Concelleira de Vías e Obras.