As obras do Alto da Gloria permitirán un normal acceso ao cemiterio municipal

sdr

O alcalde de Ponteareas, Xosé Represas, e a concelleira de Vías e Obras, Chus Garrote, trasladan á veciñanza que de xeito provisional se habilitaron medidas para o normal desenvolvemento do tránsito peoníl e do aparcamento na contorna do cemiterio municipal. Nestes días se paralizarán as obras de mellora do Alto da Gloria para maior comodidade dos que se acheguen ao cemiterio municipal.

Tal e como se acordara coa empresa adxudicataria, xa está habilitada unha zona segura de tránsito peoníl na contorna do cemiterio e están rematados os traballos na beirarrúa e no muro seguindo os criterios marcados por patrimonio.

Tamén se poderá aparcar con normalidade ao estar dispoñibles as prazas de costume. As zonas de obra que puideran entrañar perigosidade foron debidamente perimetradas e sinalizadas.

O goberno agradece a colaboración da veciñanza e adianta que as obras seguirán o seu curso pasada a fin de semana.