As lendas do Celta de Vigo e do Deportivo da Coruña veránse as caras no Pardellas esta fin de semana

O I Torneo Internacional MS2 Cup (Michel Salgado) acolle esta fin de semana as finais de infantil, alevín e benxamín e o encontro entre o Celta e o Depor

A concellería de Deportes, que dirixe Nahir Covelo, convida a toda a veciñanza a asistir aos diferentes partidos que se celebran no I Torneo Internacional MS2 Cup (Michel Salgado).

Dende o pasado día 16 e ata este domingo o campo de Pardellas foi o escenario de partidos nos que competiron o Celta de Vigo, o Deportivo da Coruña, o Porto (Portugal), o Spanish Soccer School (Dubai), o Lugo, do Pontevedra, o Lérez, o Victoria de Santiago, o Val Miñor, o Oroso de Santiago, o Choco, o Vila do Corpus, o Porriño Industrial, o Santa Marina e o Rápido de Bouzas, entre outros equipos chegados de todo o territorio galego e de distintos estados do estranxeiro, ademais dos nosos equipos locais.

Este sábado día 24 ás 14:30 horas será a final da categoría infantil de fútbol 8 e o domingo ás 19:45 a final da categoría alevín e a de benxamín ás 19:15 horas.

As lendas do Celta e do Deportivo veránse as caras tamén no Pardellas o domingo 25 ás 12:00 horas.

O I Torneo Internacional MS2 Cup permitíu promocionar o deporte base e o intercambio non so deportivo se non tamén cultural de nenos e nenas de equipos de distintas partes do mundo que non tiveron que pagar inscrición.