O Hóckey Club Ponteareas e os clubs de patinaxe Luar e Tea organizan o Ponte Sobre Rodas

O Hóckey Club Ponteareas comeza o seu intenso traballo de recuperación do esplendor do patín na nosa comarca e organiza en colaboración co club de patinaxe Luar, co club de patinaxe Tea e coas concellerías de Deportes que dirixe Nahir Covelo e da concellería de Mocidade que dirixe Miguel Bouzó o “Ponte sobre Rodas”. 

Mañá venres a partir das cinco de tarde terá lugar o “Ponte sobre Rodas” unha xornada que rende homenaxe ao patín e que convida a gozar dos deportes sobre rodas. Deste xeito ás 17:00 horas na Praza Maior haberá un 3×3 de hóckey sobre patíns, de 19 a 19:45 hrs. terá lugar na mesma praza unha exhibición de patinaxe artístico e ás 20:15 un desfile. Ponte sobre Rodas remata co concerto de “Errantes” .

Durante toda a tarde tamén haberá xogos populares e clases de traballo de iniciación ao patinaxe.

A concelleira de Deportes, Nahir Covelo, salienta o esforzo que as directivas dos tres clubs realizan na promoción do deporte entre a infancia e mocidade, contribuíndo a fomentar entre a sociedade hábitos de vida saudabeis.